Despois de ter o blog esquecido por uns días, hoxe volvo sobre el para darlles resposta polo menos aos meus compañeiros do MLUP e agradecerlles o seu apoio. Tratarei de resolver a dúbida da moxega. A verdade é que cando fixen este experimento de blog non se me ocorría ningún nome e, como son moi rural e me encanta todo o relacionado coa etnografía galega, decidín empregar unha parte do muíño de auga como xanela ás novas tecnoloxías. A moxega, tamén chamada moega (ou tramoxa, na zona do Courel), é a parte de madeira, en forma de pirámide invertida, na que se depositan os grans, que despois van caendo pouco a pouco á quenlla para ir moéndoos. Supoño que ten máis nomes e o mellor coñecédela con outros, pero creo que non coñezo máis. Esta é unha das características do galego, para uns a súa riqueza léxica e, para outros, a excesiva fragmentación. Eu quédome cos primeiros.
Prometo que se atopo algunha foto relacionada co tema, intentarei subila.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
¡Hola Mónica! Gracias por la explicación. Estoy totalmente de acuerdo contigo en lo que respecta a la riqueza léxica del gallego. ¡Ánimo, que el blog te está quedando muy bien!
Un saludo.
Verónica.
Publicar un comentario