martes, 18 de diciembre de 2007

A moxega

Despois de ter o blog esquecido por uns días, hoxe volvo sobre el para darlles resposta polo menos aos meus compañeiros do MLUP e agradecerlles o seu apoio. Tratarei de resolver a dúbida da moxega. A verdade é que cando fixen este experimento de blog non se me ocorría ningún nome e, como son moi rural e me encanta todo o relacionado coa etnografía galega, decidín empregar unha parte do muíño de auga como xanela ás novas tecnoloxías. A moxega, tamén chamada moega (ou tramoxa, na zona do Courel), é a parte de madeira, en forma de pirámide invertida, na que se depositan os grans, que despois van caendo pouco a pouco á quenlla para ir moéndoos. Supoño que ten máis nomes e o mellor coñecédela con outros, pero creo que non coñezo máis. Esta é unha das características do galego, para uns a súa riqueza léxica e, para outros, a excesiva fragmentación. Eu quédome cos primeiros.
Prometo que se atopo algunha foto relacionada co tema, intentarei subila.

jueves, 13 de diciembre de 2007

Proba conseguida!!!

Ola
Por fin conseguín crear un blog por primeira vez na miña vida.
A verdade é que non teño moito que dicir, así que só quero darvos a benvida a este novo espazo común.
Un saúdo